Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Case un cento de persoas participaron no Cogomelar a fin de semana

As dúas derradeiras sesións foron online pero desenvolvéronse con gran éxito

Vedra. A asociación medioambiental Amabul, de Vedra, desenvolveu na fin de semana as dúas derradeiras sesións do Cogomelar. Unha iniciativa novidosa a nivel galego, posto que empregan un método chamado ‘Hábitat, cores e formas’, a través do cal os participantes van descifrando os cogomelos por fases para elaborar logo os seus propios cadernos de campo.

O pasado sábado, día 7, puxéronse en marcha dúas sesións telemáticas (unha pola mañá e outra pola tarde) e xuntáronse preto de cincuenca persoas en cada unha. “Era a primeira vez que se facía e seguro que repetiremos”, sinala o director de Amabul, Rubén Villasenín. Destacou asemade “a posibilidade de tirar de recursos virtuais” que proporcionou facer a actividade online. Puxo en valor tamén a “participación dos cogomeleiros e cogomeleiras que amosaron os cogomelos que recolleron previamente e trataron de identificalos dacordo ao método”.

A asociación puxo así punto e final a esta actividade micolóxica, non sin antes agradecer a colaboración recibida da Deputación “por financiar todo o entramado de actividades da Aula Ambiental Ulla+20”, a Chemi Traba e a FernandoBorja, Mónica, Romero e Paula.

Remata o Cogomelar, pero a entidade seguirá poñendo en marcha varias propostas. Agora mesmo xa está en activo o programa de prácticas curriculares, no que os participantes están a interpretar os paneis informativos do último tramo da ruta de San Xoán da Cova. A.P.

10 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.