Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Catro días de celebración na parroquia de San Xoán

A Maía. A parroquia de San Xoán de Ortoño celebra xa as festividades do seu patrón, que arrincaban este xoves con sardiñada, queimada e gala do grupo Fusión, sempre en colaboración co Concello e a concellaría de Cultura, a través do programa Música nas parroquias.

As patronais continuarán este venres 24, cunha misa a mediodía na honra de San Xoán, procesión cos Viqueiras de Ordes e a actuación da Coral Lojo Batalla de Tapia. Xa pola noite, ás 22.00 horas actuarán Henry Méndez e a orquestra Los Españoles. E o sábado 25, realizarase unha misa ás 12.00 horas na honra de San Antonio, cunha nova procesión dos Viqueiras de Ordes e co Grupo Allegro de Noia. Ás 22.00 horas, grupo Royal Espectáculo e Disco Móvil CDC. Pechan este domingo con misa acompañada dos Viqueiras de Ordes e da Coral Polifónica de Bugallido; presentarase a alfombra floral local e prevese a actuación de Banda Soft & Real e de Unión y Fuerza. M.M.

24 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito