Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Celebran o Día LGTBIQ con teatro: ‘En otra piel’

A Maía. O Concello de Ames sumarase ao Día do LGTBIQ coa representación da obra En otra piel, do Teatro Foro Psiare, este venres 18 de xuño en Bertamiráns e o sábado 19, no Milladoiro. Ambas sesións celebraranse ás 20.00 horas, e xa se poden adquirir de balde os convites na billeteira electrónica na web da capital maiá.

En otra piel é unha representación do Teatro Foro Psiare que aborda a diversidade de xénero. Así, e durante cen minutos, o elenco conta a historia de Álex, unha persoa trans, e o que lle ocorre en diferentes momentos da súa vida. Un pai incomprensivo, unha nai sobreprotectora, unha moza sorprendida, relacións sociais difíciles e problemas no traballo. “Nós podemos ser un apoio para Álex?”, pregúntanse. O proxecto ten a finalidade de crear un espazo de reflexión, intercambio e acción colectiva acerca de temáticas en igualdade e diversidade de xénero a través do Teatro Foro como recurso para transformar. M. M.

18 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.