Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Centos de quilos de louza para os máis necesitados

A Maía. O comercio da capital amesá Máis que louza vén de recadar máis de 300 quilos de doazóns de vaixela na súa campaña solidaria Doando sempre gañas, que se desenvolveu dende o 15 de marzo ata o 16 de abril. A tenda recolleu os aveños aportados pola veciñanza amesá, que a cambio recibiu un 5 % de desconto para facer compras nesta tenda.

A louza xa foi recollida pola Concellaría de Benestar Social, que a través da Oficina de Voluntariado xa está a repartir estes bens entre a poboación. Pratos, vasos, cuncas, canecas, cubertos, potas, tixolas, e calquera tipo de aveño básico contou para sumar e axudar aos amesáns que máis o precisen.

A campaña desenvolveuse dende o 15 de marzo ata o 16 de abril, e gardándoa ata ser recollida polo voluntariado, que xa xestiona outras campañas de recolección ao longo do ano, como de alimentos ou de agasallos. A solidariedade da veciñanza tivo tamén a súa recompensa, co citado desconto entre todas aquelas persoas que realizaron doazóns. Os servizos municipais comezaron xa a repartir e distribuír as doazóns entre a poboación amesá que os necesite.

A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijóo, quixo “agradecer iniciativas e colaboracións coma estas que reverten no propio concello, para seguir sumando e axudando entre todas e todos”, apuntaba nun comunicado municipal. M. Outeiro

29 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.