Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Certame musical coa Mámoa de Teo para os cuartetos e dúos tradicionais

Teo. A Asociación Cultural A Mámoa de Luou (Teo) convoca o seu Certame de Cuartetos Tradicionais o vindeiro sábado 20 de novembro de 2021 no edificio social da súa parroquia. E xa pola tarde, celebrarán tamén o Concurso de Dúos de Gaita e Tambor.

Na primeira modalidade poderán participar cuartetos tradicionais, compostos unicamente por dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico), e todos os músicos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitar ata despois da entrega de premios. Establécese unha única categoría para idades comprendidas de 14 a 20 anos, ambas inclusive, con galardóns de 500, 300 e 200 euros máis agasallo conmemorativo.

E no de dúos, poderán concorrer gaita e tambor (quedarán excluídas gaitas marciais e tambores con parche de plástico) co traxe galego. Os premios coinciden. M. Outeiro

19 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.