Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chaman á solidariedade para doar sangue durante todo o día en Bertamiráns

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 12 de abril en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 09.30 a 14.30 horas, mentres que pola tarde alongarase das 15.30 ás 21.00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono habilitado (e gratuíto), que é o 900 100 828.

Esta circunstancia, segundo o Concello, débese a que na situación actual, na que necesariamente aínda hai que gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doantes, evitando esperas.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos... Cada día, os hospitais galegos precisan entre catrocentas e cincocentas doazóns de líquido vital. M. Outeiro

11 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.