Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

ChAnZo vai tocar na casa da cultura do Milladoiro con Nove No 31

Combinarase a música e o muralismo este xoves con entrada libre ata encher o auditorio

Ames. O auditorio do Milladoiro acollerá a actuación de ChAnZo co artista Nove No 31 este xoves día 4, ás 17.00 horas. Baixo o lema Outra música é posible, ChAnZo encherá a casa da cultura de sons e imaxes diferentes que conxugan a improvisación e a tecnoloxía para deleitar aos presentes con música negra, jazz, groove, música electrónica, representación plástica en directo e moito máis.

O espectáculo é unha actividade que chega da man da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia no marco dos proxectos culturais Xacobeo 21. ChAnZo ten como sinais de identidade a tecnoloxía e a improvisación e procura novos camiños para a música a través dunha paleta de elementos arriscados e informais. Rubén Fernández na voz, Alex Salqueiro nos teclados, Xacobe Martínez Antelo no baixo e Lar Legido na batería, son os catro músicos galegos que forman ChAnZo.

Estarán acompañados no escenario polo recoñecido artista plástico rianxeiro Nove No 31 que realizará un mural en directo no que plasmará as sensacións que a el lle produce o concerto de ChAnZo. Esta conxunción de música e intervención plástica ten como obxectivo atrapar a todo tipo de público e sorprendelo con todo tipo de sons e acordes.

A actuación estaba prevista para a Praza de Manuel Murguía, pero ante a previsión meteorolóxica de chuvia, trasládase. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala e, nesta ocasión, non é preciso reservar convite. m. outeiro

03 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.