Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 23 octubre 2020
13:08
h

Chega a Fundación Cela a exposición ‘Camiños (IN)certos’

Inaugurouna Lorenzo onte en Padrón // Doce artistas, todas mulleres, fan unha referencia simbólica á novela do Nobel ‘La Colmena’

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou onte a exposición Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional na Fundación Camilo José Cela, a nova proposta coa que a entidade retoma a actividade paralizada pola situación sanitaria. A mostra concíbese na antesala do Xacobeo 2021 e nela participan 12 artistas que a través das súas obras fan unha referencia simbólica á novela La colmena -que en primeira instancia concibiuse como a primeira parte dunha triloxía baixo o título Caminos inciertos- e interactúan cos espazos en alegoría á actual situación.

Durante a inauguración, Lorenzo salientou a aposta da fundación por garantir propostas culturais seguindo os criterios de seguridade. Puxo de manifesto, ademais, a “excelente” contribución e esforzo das artistas que nalgúns casos tiveron que adaptar as súas propostas aos protocolos covid e que presentan un traballo que, como indicou, axudará a seguir dando pasos na progresiva reactivación da actividade en Galicia.

En Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional participan artistas galegas ou vinculadas con Galicia como Pilar Boullosa, Sara Coleman, Iria do Castelo, Iria Fafián, Carla Souto, Paula Noya, Sesé Santiso, Marta Bran, Isabel Seidel, Basilisa Fiestras, Ana Gesto e Carla Andrade. Poderá visitarse ata o 22 de xaneiro.

A través das pezas da exposición, concibida como unha alegoría da situación actual, e na que se inclúen desde performance, grafitis ou videocreación, entre outras, as artistas afondan en temas como diversas problemáticas sociais, temas relacionados coa precariedade laboral, coa maternidade ou coa inseguridade na vida creativa, cuestións vencelladas ao territorio, entre outras.

26 sep 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.