Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Leranse manifestos nos foros das capitais municipais, como a de Ames ou Xallas // En Deza van decorar as estatuas de violeta // Valga presenta o ‘spot’ gravado pola comunidade educativa // Medio cento de metros de bufanda dende Rianxo TEXTO A.C.

Chega o 25-N a Área para tinguir a conciencia social de cor morada

Chega o 25 N para erradicar dunha vez a violencia machista. E Área respostará á chamada cunha chea de concentracións, pero tamén estatuas arroupadas de morado, andainas ou obradoiros.

No caso de Ames, hoxe ás 18.00 horas lerase na praza do Concello un manifesto institucional, crearase un lazo lila, repartiranse camisetas e máscaras e actuará o grupo de batukada Trópico de grelos. En Santa Comba a concentración será diante da casa da cultura a mediodía.

Frades, pola súa parte, presentoulle ao alumnado do IES da Ponte Carreira o material da campaña que xira en torno ao slogan ‘Todo está na nosa man’ e que leva como logotipo un debuxo realizado por Rubén Fariñas, alumno de 2º da ESO. Repartiron entre os estudantes camisetas, pegatinas e carteis co logotipo deseñado por Rubén Fariñas e mensaxes coma “Se sabes, non cales” ou “O longo da miña saia non che di si”. Trazo entregará no edificio de usos múltiples de Viaño Pequeno, ás 20.00, os premios ás tres gañadoras do concurso de carteis en prol da igualdade. As afortunadas son Sara Gómez (1º ESO), Alicia Martínez (3º ESO), do CPI Viaño Pequeno, e Ana Mª García (na categoría de 16 a 60). No caso de O Pino, o Concello decidiu elaborar un vídeo institucional no que convidan a toda a veciñanza a tomar partido e poñerlle freo ás agresións machistas. Concelleiras da Corporación, a directora e un profesor do colexio CPI Camiño de Santiago, unha doutora e un doutor do centro de saúde, o presidente da SD O Pino e empregados municipais diríxense a toda a veciñanza neste audiovisual.

Na comarca do Deza, Lalín e Silleda tinguen de violeta estatuas, como as de Loriga no primeiro caso, e a da Muller Labrega, no segundo, e edificios e publican sendos manifestos de rexeitamento da violencia machista. REn Tabeirós, A Estrada leerá hoxe un manifesto e tamén ilumina de violeta algúns dos seus enclaves. No Sar, o Concello de Rois editou un vídeo para amosar o rexeitamento da sociedade fronte a violencia de xénero. Son de Rois e non calo é o lema elixido. En Padrón hoxe ás 19.00 horas terá lugar a lectura do manifesto no auditorio, e posteriormente o concerto Mulleres libres, sempre de Cantar Delas.

En Valga, na comarca de Caldas, hoxe presentarase un spot gravado nos centros educativos de Valga . En Caldas desenvolvese a campaña Caldas + Igualdade - Violencia.

Xa en Rianxo, a balaustrada da alameda loce unha bufanda de medioo cento de metros de longo texida por 10 artesáns locais e que se unirá a outras feitas en varios puntos de España para confeccionar unha de 6 km que viaxará polo mundo.

En Boiro, alumnos do IES Espiñeira asistirán hoxe ás 11.15 a unha charla sobre a violencia machista na relación de parella na mocidade, e farán unha homenaxe a todas as vítimas desta lacra durante este ano.

Hoxe ás 10.00 na praza do Concello de Ribeira terá lugar un obradoiro a pé de rúa con perspectiva de xénero denominado Fagámolas visibles. Ás 13.00 lerase un manifesto institucional e gardarase un minuto de silencio.

En O Son contarán hoxe cun stand informativo no instituto e na praza de España, e divulgarán un manifesto a través das redes sociais do Concello. En Muros, convocaron unha concentración ás 12.00 horas no Curro da Praza, onde se gardará un minuto de silencio polas víctimas da violencia machista. Xa en Lousame, a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, dará lectura ás 13.00 a un manifesto institucional co gallo desta conmemoración.

25 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.