Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cita en Bertamiráns para participar na limpeza de ríos de Adega este domingo

A Maía. O Concello de Ames participa novamente na iniciativa Móllate polos ríos que coordina a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega). A actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos cursos e regatos galegos, e dende a concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente convídase á veciñanza a participar este domingo, ás 10.30 horas.

Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición da web por email (auladanatureza@concellodeames.gal). Adega organiza dende 2008 con este programa unha xornada de limpeza simultánea, enmarcada ao abeiro do Proxecto Ríos. Trátase dun programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

O edil de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, explicou que “o obxectivo é que as persoas voluntarias saian aos seus ríos, recoller o lixo que atenta contra a riqueza e o valor dos ecosistemas fluviais. O Concello súmase, un ano máis, a esta iniciativa, convidando a toda a veciñanza a participar este domingo, 25 de setembro, na limpeza”. O punto de inicio e finalización estará na praza do Concello de Bertamiráns, con servizo de bus dende a casa da cultura do Milladoiro, ás 10.15 horas. M. Manteiga

21 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.