Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza o mes do libro co espectáculo ‘Little Neno’

A Maía. O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara a celebración do mes do libro por todo o alto. Así, organizará unha serie de obradoiros, sesións de narrativa oral, certames e sorteos coa lectura e a literatura como temática central. E a primeira das proposta chegará este mesmo xoves, co espectáculo de música e narrativa que leva por título Little Neno descobre... Os Beatles.

A editorial A Reixa combina lírica e narrativa para dar a coñecer a un dos grupos de maior renome da historia da música pop. A proposta, orientada ao público familiar, terá lugar este xoves 31 ás 18.00 horas, na casa da cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, poden retirarse xa na billeteira electrónica do Concello de Ames. O espectáculo poderá seguirse en lingua de signos. Esta proposta non pretende ser unha biografía de bandas musicais, xa que o seu protagonista é Nemo e o oso Renato, que se mergullan nas cancións do coñecido grupo de Liverpool.

Parte dunha obra orixinal de Dani Llabrés ilustrada por Jaime Pantoja, e inspíranse no cómic de principios dos anos 90, Little Nemo, que xa incluíu a outros grupos e solistas coma os Rolling Stones, David Bowie, Aretha Franklin ou Elvis Presley. M.M.

30 mar 2022 / 17:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.