Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comezaron a emitir na TVG o novo anuncio para gabar ó comercio amesán

Ames. Os amesáns poderán ver reflectidas as bondades comerciais do seu concello na Televisión de Galicia ata o vindeiro 4 de decembro (e do 14 ao 10 dese mes) grazas ao spot publicitario no que se recolle a variedade existente no comercio local e no que saen actrices, actores, xornalistas e deportistas que residen alí.

Trátase dunha iniciativa dentro da campaña de axuda ao comercio local da concellaría de Promoción Económica que, xunto coa empresa Xurdir, gravou un anuncio de vinte segundos. “Este vídeo é unha adaptación máis curta do vídeo promocional estreado o pasado día 19 de outubro con motivo da presentación do Plan Reactiva Ames”, indicaban fontes municipais.

O anuncio fai fincapé na variedade existente no texido empresarial máis no cercano comercio local, “onde se poden atopar dende florerías a tendas de artesanía e decoración, pasando por tendas de alimentación, moda, deportes, agasallos e complementos” e, deste xeito, ponse en valor a potencialidade que ten o sector comercial de Ames e as súas vantaxes”.

A edil Ana Belén Paz agradeceu a colaboración “de María Mera, Loly Gómez, Pepo Suevos, Federico Pérez, Diego Viaño e Borja Golán”, entre outros, e a labor dos departamentos municipais. m.m.

01 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.