Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concerto de balde de Ría Tado o venres na capital

A Maía. A casa da cultura de Bertamiráns acollerá un concerto de Nuria Yusta, coñecida artisticamente como Ría Tado, no que fará un tributo ao dúo vocal e instrumental estadounidense formado polos irmáns Karen e Richard Carpenter, coñecidos como The Carpenters. Será o vindeiro venres, 29 de abril, ás 20.30 horas, e a entrada para asistir a este espectáculo será de balde ata completar aforo.

A concellaría de Cultura, ademais de elaborar unha programación propia que se desenvolve ao longo do ano nas dúas casas da cultura e noutros locais municipais, tamén abre as instalacións do concello a todos os artistas que queiran presentar as súas obras e espectáculos. Así o fixo con distintas exposicións no Pazo da Peregrina ou nas instalacións do Milladoiro. E, neste caso abre as de Bertamiráns a Nuria Yusta, coñecida artisticamente como Ría Tado. A artista catalá, que está afincada dende hai uns anos na Coruña, dispón dun amplo repertorio, pero onde se manexa mellor e interpretando ópera. Agora está inmersa no seu novo espectáculo onde lle rende tributo ao dúo vocal e instrumental estadounidense formado polos irmáns Karen e Richard Carpenter. Este espectáculo xa o realizou en varios locais de Barcelona. Yusta estudou no Conservatorio de Barcelona, e interpreta varios estilos de música, que van dende a ópera ata o blues. m. Outeiro

25 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.