Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

Concerto de campás en Ortoño este venres 30

AMES. O adro da igrexa de San Xoán de Ortoño acollerá este venres, 30 de decembro, ás 17.00 horas, un concerto de campás ofrecido pola Asociación Cultural Campaneiros de Galicia, As campás, o son do Camiño, con motivo da inauguración das novas campás da igrexa parroquial. Así mesmo, o investigador Estanislao Fernández de la Cigoña ofrecerá unha charla sobre a historia das campás, mentres que José Enrique López Ocampo, fundidor deste instrumento, explicará o seu proceso de fabricación. No recital interpretaranse numerosos toques empregados polos campaneiros ao longo da historia: dende os máis habituais, como os utilizados nas eucaristías, ata os máis tradicionais, que actualmente están fóra de uso, como os que regulaban a vida civil ata o século XX. Deste xeito, os integrantes da asociación reproducirán o toque de alba, o de Ángelus, ou o de lume, entre outros, simbolizando as distintas mensaxes que envían as campás. C.G.

29 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.