Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Continúa aberto o proceso de selección do programa integrado de emprego de Ames e Brión

Ames. Ata o día 13 de xaneiro continúa aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2022-2023). Nesta edición o programa está dirixido a 100 persoas desempregadas que serán asesoradas na súa procura de emprego e se formarán en competencias xerais así como en diversos sectores, nos que tamén poderán realizar prácticas en empresas da contorna.

Formaranse nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías.

O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40 % das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

Os interesados poden chamar ao Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames nos teléfonos 663 711 876 e 608 459 678. C.E.

28 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.