Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contos e obradoiros nas dúas bibliotecas amesás

Ames. As bibliotecas municipais de Ames organizan unha serie de actividades infantís durante o mes de decembro e comezos de xaneiro, incluíndo a sección virtual de #Dixicontos dos mércores, levada a cabo polas animadoras á lectura nestes espazos: Bibiana Fernández e Divina Calvo, e que poderanse ver a través da súa páxina de Facebook.

Así, empezan hoxe, día 9 de decembro, baixo o título Rato moi alto e rato moi baixo. Contos de ratiños. O 16 será a quenda de A cenoria xigante e o día 23 de decembro, lerase A máscara do león. Para despedir o mes, as animadoras narrarán o conto infantil O abeto e, pechando a programación, o martes 5 de xaneiro, o libro protagonista será Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.

E tamén haberá obradoiros infantís Creacontos o venres 18 e o sábado 19 de decembro (na biblioteca de Bertamiráns ás 17.00 horas e o día seguinte na do Milladoiro, 11.00 horas), e o 21 e 22 de decembro chegará o de Decora o teu Nadal, ás 17.00 horas a cada un deses espazos. Os adultos terán contos, talleres e documentais os días 10, 11 e 12. m.m.

09 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.