Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contratadas xa as reformas dos viais interiores na aldea de Ortoñiño e na das Cortes

Foron adxudicadas a Iglesias Mera por máis de 150.000 euros e combinarán asfalto nesas estradas co formigón

Ames. O tripartito amesán vén de aprobar en xunta de goberno as obras de mellora dos camiños interiores de Ortoñiño e As Cortes, na parroquia de Ortoño. As actuacións comprenden a mellora do pavimento e obras de drenaxe e sinalización, e foron adxudicadas no plan de mellora do rural amesán a Construcciones Iglesias Mera por 152.729 €.

As actuacións consisten na mellora dunha infraestrutura existente. Concretamente nos viarios de acceso a Ortoñiño, compostos por 4 treitos de 640 metros, 170 metros, 95 metros e 400 metros con anchos medios de 3,5 metros, 6 m, 4 m e 3,5 m respectivamente, ademais de dous abanicos de 25 metros cadrados. Nesta zona preténdese a mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación das fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Para os viarios interiores, de 1.150 metros cadrados e 210 metros cadrados, proponse a demolición do pavimento actual e a formación dun novo con 15 cm de formigón delimitado por adoquín de pedra granítica todo sobre saburra máis rede de pluviais.

E a reforma dos viarios das Cortes, pola súa banda, atinxe a tres treitos de 275 metros con 4 metros de ancho medio, 340 metros tamén con 4 metros de ancho e unha superficie de 480 metros cadrados, preténdese a mellora do pavimento con regas asfálticas, aglomerado en quente e formigón respectivamente. Para as zonas con regas asfálticas e aglomerado farase previamente a reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo, namentres que no pavimento de formigón proponse a demolición e un novo delimitado por adoquín sobre zahorra, e tamén disporase 85 metros de cuneta transitable, con pluviais por baixo. M. Manteiga

11 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.