Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Controis da Policía Local para evitar o consumo de alcol e drogas ó volante

Ames. Durante esta semana a Dirección Xeral de Tráfico está a realizar unha campaña especial sobre control da taxa de alcol e drogas á que se adheriu a Policía Local de Ames, centrándose especialmente en estradas convencionais e vías urbanas. Prolongarase ata o vindeiro doce de decembro, e cómpre salientar que os axentes realizan controis de alcol e drogas todas as semanas, sobre todo durante as noites e nos dous núcleos urbanos da capital maiá.

Deste xeito, trátase de concienciar á veciñanza de que cando un se pon ao volante dun vehículo non pode consumir bebidas alcólicas. Ademais, os axentes da Policía Local de Ames realizan controis de alcol e drogas todas as semanas, concretamente as noites que van do mércores ao domingo, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Nos citados controis realizáronse xa varias denuncias de carácter administrativo derivadas do consumo de alcol e drogas e maila imputación de cinco condutores por incorrer presuntamente nun delito contra a seguridade viaria, ao conducir baixo os efectos de bebidas alcólicas.

Dende a Policía Local de Ames aproveitan tamén para poñer encima da mesa que “ditos controis seguirán realizándose durante as vindeiras semanas, para evitar que os condutores que estean baixo o efecto de bebidas alcólicas circulen cos seus vehículos polas vías públicas en datas de moito movemento, desprazamentos ou ceas” entre outros eventos sociais propios destas datas. M. Outeiro

10 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.