Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Critica o PP amesán que recaia a limpeza vial na mesma empresa privada

Ames. Os populares de Ames lamentan que “en case seis anos de goberno socialista non municipalizaran ningún servizo, contradicindo e incumprindo o seu programa e a súa publicidade”. Esta crítica chega despois de que na comisión informativa previa ao pleno do día 29, se ditaminase a prórroga do servizo de limpeza viaria, “dun dos contratos con maior importe económico”, sinalan dende o PP. “Trátase da quinta prórroga que nesta ocasión será de seis meses”. O contrato estende a súa vixencia ata o 14 de xaneiro de 2021 e “agora van a realizar unha terceira modificación propoñendo un prazo de 6 meses máis, quedando o custe do servizo fixado en 666.696 € que ao ser prorrogado por 5 meses e medio, quedaría en 305.569 euros”, apuntan dende a oposición. Con isto, din, “queda demostrado que as ocorrencias municipalizadoras” dos socialistas son mera publicidade enganosa”, apostillan. C.G.

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.