Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Critican o recorte dos horarios que prevén nas escolas infantís de Teo

Dende a oposición do PP consideran que un peche ás 18.00 horas dificulta a conciliación

Teo. O PP de Teo divulga o que considera “un novo pau á conciliación familiar” por parte do bipartito local. Deste xeito, explica que unha vez máis, “decídese de forma unilateral un novo recorte que afecta de forma directa ás familias teenses”. E nesta ocasión, os afectados son os usuarios das escolas infantís, “xa que desde o próximo curso verán como o horario de uso do servizo se recortará de forma significativa, pasando a ser a hora de peche as 18.00 horas, no canto das 20.00”.

Así, os populares suliñan que desde o próximo mes de setembro, “todas aquelas familias que facían uso deste horario por temas de conciliación laboral, deberán recorrer a outras alternativas de ámbito privado para poder desenvolver a súa xornada laboral con normalidade”.

A nova medida supón, ao seu xuízo, un novo recorte dos servizos sociais por parte do Concello, afectando de forma directa á conciliación laboral e por tanto, ao benestar económico dos teenses, afectando sen dúbida a toda a poboación, especialmente nunha situación tan sensible e delicada como a actual.

A oposición lembra ademáis que esta medida podería provocar unha fuxida de pais e nais a outros centros de Santiago cercanos. “Xusto neste momento no que se está en pleno proceso de admisión para o próximo curso, ponse en perigo tanto a permanencia das escolas infantís de Teo como a admisión de novos alumnos por falta de conciliación”, din. o. d. vilar

18 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.