Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dá comezo o Festimax ca Gala máxica para os nenos

A Maía. Volve o Festival internacional de Maxia de Ames, Festimax, cunha programación composta por catro grandes espectáculos que se van a realizar os días 21, 22 e 23 de outubro. As actividades comezan este venres, ás 17.00 horas na casa da cultura de Bertamiráns coa Gala máxica infantil (para a que aínda quedan entradas na billeteira electrónica).

O mago inglés Cliff The Magician presentará nela o espectáculo Magical Mistery Tour. Este ilusionista é especialista en realizar espectáculos para os máis cativos e cativas. Conta cunha longa traxectoria levando a súa maxia a diferentes teatros e centros educativos de diferentes países. E tamén este venres, 21 de outubro, ás 20.00 horas, pero no auditorio do Milladoiro, desenvolverase o que será a principal novidade desta edición do Festimax: a Gala de novos talentos da maxia, que estará presentada polo mago Rafa e na que participarán Magic Mateo, Mago Iago, El Grand Na, Maga Aldara e Mago Alvart (sen convites xa).

Tamén haberá obradoiros nas dúas casas da cultura durante a fin de semana, e Gala máxica internacional farase tamén o sábado 22 e mailo domingo 23 de outubro con Dani Polo, Lavand, Magoo, Hyum Joon e Murphy. M.O.

20 oct 2022 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.