Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

De tapeo por Vedra con petiscos que potencian os tres Camiños

O obxectivo é pór en valor a gastronomía de cada ruta e de cada local participante

Vedra. O Concello de Vedra dá a benvida a un mes de xullo cargado do mellor tapeo. Trátase dunha iniciativa que conta coa subvención da Xunta de Galicia ( no marco do Xacobeo 2021-22), e que dará a oportunidade aos vedreses e vedresas de ir de taberna en taberna. Unha forma de simular a peregrinaxe de etapa en etapa.

Agora mesmo, e ata o día 9, está en marcha a ruta do Camiño de Inverno. Do 12 ao 16 é o turno das tapas do Camiño Miñoto-Ribeiro; e do 19 ao 23 ofreceranse petiscos baixo o nome de Camiño Vía da Prata. O obxectivo é potenciar os tres Camiños que pasan polo municipio, e polo tanto, as tapas adaptaranse a cada unha das rutas e, por suposto, á personalidade propia de cada local.

Os establecementos participantes son A Taberna de Gundián, Victoria, A Dorna, A Taberna do Ferrador, O Churrasco de Juanito, A Taberna do Souto, Bar Barreiro e O Fogar do Avó. Sortearanse produtos locais do municipio entre os clientes que fagan unha consumición nos horarios das tapas.

PASATEMPO Por certo que está en marcha o Pasatempo de Verán. Hoxe desenvolverase na contorna do centro social a actividade Tardiñas...mozas, dirixida á rapazada de entre 12 e 18 anos. Mañá na Carballeira de Souto está previsto o espectáculo Canta miña pedra, canta. Xa o sábado organizarase unha ruta polo Camiño Miñoto Ribeiro, que contará cos grupos A Gaita de Sarandón e A Requinta da Laxeira. C.E.

08 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.