Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Denuncian a existencia dun vertedoiro incontrolado en Caroubáns

Os veciños afirman que un montón de lixo leva acumulándose dende hai máis de 5 meses

Ames. En Caroubáns, xunto á marquesiña do autobús, prolifera á vista de todos un montón de lixo que leva máis de 5 meses sen ser recollido. Foi precisamente un veciño da zona quen se puxo en contacto co Grupo Municipal Popular de Ames para informar da situación que están a vivir.

“Leva 5 ou 6 meses tirado a carón da cabina do bus”, indicou amosando unha foto na que se aprecia un cúmulo de obxectos, entre eles colchóns, cadeiras de plástico e rodas de coches. Manifesta que os veciños de Caroubáns “tamén merecemos un pouco de limpeza, aínda que sexamos unha pequena aldea” e engade que “isto é o que hai”.

Según a testemuña dos veciños, os servizos de recollida do Concello son plenamente conscientes da situación, xa que o vertedoiro ilegal está preto da estrada e á vista de todos, e non se explican que despois de tantos meses ninguén o recollera.

Esta situación non é nova. Xa durante o pasado ano o goberno local de Ames puxo en marcha a campaña Non nos merecemos isto, coa que se editaron 500 calendarios de parede e 3.000 de mesa co lema da campaña. A través desa iniciativa buscaban concienciar aos veciños sobre a importancia de depositar o lixo no punto limpo municipal, situado no parque empresarial do Milladoiro.

Con todo, o PP de Ames considera que non basta con concienciar aos veciños, e instan ao goberno local a actuar fronte á proliferación de vertedoiros non autorizados e recollelos tan pronto como se detecten. JAVIER SALUTREGUI

17 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.