Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Deputados do PP instan a actuar na vía que separa A Susana e Ponteledesma

Boqueixón. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu portavoz, e por iniciativa dos deputados e deputadas Ovidio Rodeiro, Diego Calvo, Carmen Pomar, Ramón Carballo, José Manuel Balseiro, Marisol Díaz, Marta Nóvoa e Rubén Lorenzo, veñen de presentar ante a Mesa unha proposición non de lei en Comisión 2º Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

Dende o grupo parlamentario consideran “necesario actuar no firme da estrada AC- 960, que neste momento se atopa bastante deteriorado”, sinalan. Este vial discorre entre as localidades da Susana, Concello de Santiago, e Ponteledesma, no municipio de Boqueixón. Conta, segundo sinalan os populares, cunhas características moi especiais xa que entronca na N-525 coa estrada autonómica que discorre dende A Susana por Boqueixón, Touro e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra). Conflúe coa AC-261 en Rodiño, coa AC-240 en Vilar-Touro e coa DP 1201 en Rodiño Grande.

Ademais, da servizo a un amplo volume de poboación, e é por iso que instan á Xunta “a executar neste 2021 obras de reparación e mellora do firme da estrada AC-960”. A.P.

21 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.