Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dezaoito artistas participan en ‘Galiza , Camiño das Estrelas’ que abrirá O Santiaguiño o 23

Haberá a tradicional misa, entregarase o Peregrino
de Honra a Xesús Palmou e celebrarase o Asnot Garden

Padrón. Turismo de Padrón acaba de facer público o cartel da festa do Santiaguiño do Monte, que se abrirá o vindeiro venres, días 23 de xullo, coa gala Galicia, Camiño das Estrelas, na que partipan dezaoito artistas. Será con aforo limitado e as entradas pódense recoller no centro social da vila rosaliana. O evento terá lugar ás 22.00 no campo do Souto e despois, ás 23.00 horas e ata ás 00.30 horas está prevista a actuación de Mad Martín Trío, na praza de Macías.

Os actos do Santiaguiño terán continuidade o sábado, 24, ás 12.00 horas, coa visita guiada Chronicón Iriense, a cargo de Suso Martínez e que irá desde a igrexa de Santa María a Maior de Flavia ata Padrón. Será con prazas limitadas.

Despois, ás 13.00 horas, será a Misa do Peregrino na que se entregará ao director da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo, o galardón como Pegrino de Honra.

Pola tarde, a partir das 16.30 horas, no Xardín Botánico Artístico, celebrarase o Asnot Garden Party. Para as 17.00 horas, no paseo do Espolón, Remonte das dornas Inchadiña Branca Vela. E xa ás 19.00 horas, na praza de Macías, actuación do grupo de música popular Canto d,Aquí, de Braga (Portugal) e entre as 23.00 e as 00.30, no Fondo da Vila, actuación de The Lákazans.

Ya el domingo, última jornada del Santiaguiño, está prevista a actuación, entre as 12.00 e as 14.00 horas, de grupos folclóricos do Concello de Padrón polas rúas e prazas da vila. Actuarán a AC Rosalía de Castro, Agrupación folclórica O Pedrón, Grupo San Pedro de Carcaía e Grupo folclórico A Arreixeira, que porán o broche a unha fin de semana de festexos. sol elvira

16 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.