Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diego Rojo vai presentar o poemario ‘O roubo do sol’

Ames. Volven unhas das principais actividades de animación á lectura para os usuarios adultos das bibliotecas amesás: os Encontros literarios en Ames, que comezan este xoves un de setembro coa presentación da obra O roubo do sol, poemario de Diego Rojo con ilustracións do polaco Krzysztof Powalka. Será na biblioteca municipal de Bertamiráns, ás 20.30 e sempre de balde.

O ilustrador e escritor estarán acompañados polo editor Paulo Nogueira, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar o aforo. Hai que lembrar que, en total, unhas 475 persoas participaron nos 18 encontros organizados polas bibliotecas, cunha media de 26 asistentes por xornada dende o último trimestre de 2021 e ata a metade deste ano. Diego Rojo Garrido (nado en Malpica en 1969) é escritor e profesor de Secundaria, mentres que Powalka (nado en 1985) estudou Belas Artes en Katowice e Urbino. M. Outeiro

31 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.