Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

DiversidArte para loitar contra a exclusión social

Ames. O programa DiversidArte dedicado á inclusión e á diversidade recalará este mércores 25 de agosto na Praza de Chavián de Bertamiráns. O espectáculo, que intenta visibilizar as capacidades das persoas en risco de exclusión social, dará comezo ás 19.30 coa actuación do guitarrista inclusivo Robert Pier e continuará cun espectáculo de danza integrada de Ricardo Prado. Hai que lembrar que o evento que estaba programado para o venres 23 de xullo suspendérase por mor das condicións meteorolóxicas. A entrada será totalmente de balde, e o aforo será limitado, por orde de chegada.

O Concello de Ames únese así aos municipios de Carral, Miño, Noia ou Fisterra para loitar contra a exclusión social a través de DiversidArte. Este programa que xa percorreu boa parte dos concellos da provincia da Coruña leva anos loitando para que os colectivos en risco de exclusión social se fagan cun oco dentro da sociedade e no mercado laboral. m.m.

24 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.