Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Doazóns de sangue este xoves e sábado na capital

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 5 e o sábado 7 de xaneiro en Bertamiráns. Instalarase na avenida da Maía, diante da Praza da Maía. O horario será de 09.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas o xoves, e de 10.00 a 15.00 horas o sábado. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón: o número 900 100 828. Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento. Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para as intervencións cirúrxicas. M. Outeiro

04 ene 2023 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.