Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Doazóns de sangue o luns pola tarde no Milladoiro

Ames. A unidade móbil para doar sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro, en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, que é o número 900 100 828.

Para ceder sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que agardar dúas horas. É sempre preciso traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, e no caso de estar tomando algún medicamento hai que informar ao médico. Lembran tamén que os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes, xa que todos os días moitas persoas son sometidas a intervencións cirúrxicas, despois de sufrir accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia ou mesmo transplantes de órganos. M.O.

24 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.