Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 06 julio 2022
21:04
h

Doazóns en Bertamiráns co grupo 0+ en mínimos

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e o vindeiro luns 27 de xuño en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. E hai que lembrar que, se ben a maioría dos grupos sanguíneos teñen reservas dabondo, as do cero positivo son baixas.

O 23 acudirá en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Pola súa banda, o 27 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita: o número 900 100 828.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes (sobre 400 ao día), para moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia ou transplantes de órganos. M. Outeiro

22 jun 2022 / 18:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.