Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro abre o Atlántida co ‘Dragoeiros e biosbardos’

Dodro. Co espectáculo Dragoeiros e biosbardos de Sofía Maul de Portugal e Charo Pita de Galicia este sábado, ás 21.00 horas na Eira de Traxeito, inician en Dodro o Festival Atlántica.

Segundo explican dende o Concello, trátase dun espectáculo a dúas voces entre Maul e Pita onde ambas as dúas compartirán co público as historias das respectivas aldeas. É tamén unha oportunidade para achegarse á tradición oral lusófona da man dunha das súas contadoras máis reputadas. Maul adoita incluír no seu repertorio historias de Madeira, a súa illa natal, que reflicten a idiosincrasia deste cachiño de terra no medio do océano.

Charo Pita naceu á idade de 6 anos cando acabou de ler o seu primeiro libro. Leva contando historias de viva voz e impartindo obradoiros de narración oral e lectura desde o ano 94, como narradora en solitario, dentro de espectáculos bilingües inglés-galego, ou en sesións nas que se combinan os contos e a música. Como escritora ten máis dunha ducia de libros publicados e recibiu algúns galardóns literarios.

Recentemente o seu poemario O cuarto de Jane gañou o primeiro premio do XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. C.G.

02 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.