Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro aproba un orzamento máis alto ca no 2020

DODRO. O Concello de Dodro aprobou na última sesión plenaria o orzamento para 2021, que ascende a 2.733.476,88 euros, “o que supón un 1,54% de aumento con respecto ao exercicio anterior”, segundo explican fontes municipais. Trátase duns presupostos “baseados na procura da eficiencia e a eficacia na xestión munici-

pal. Ademais reflicten o compromiso coa estabilidade orzamentaria e coa sustentabilidade financeira e o límite de gasto non financeiro da administración local”, concretan dende o goberno. Para iso, o orzamento do exercicio 2021 caracterízase polo mantemento na realización de obras tendentes á mellora de infraestruturas municipais e na consecución da racionalización dos recursos humanos da entidade local. Existe un elevado incremento no capítulo que se debe ás liquidacións derivadas do novo réxime de cofinanciamento para os centros de día e das escolas infantís xestionadas a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que o munipio ten que afrontar desde este ano, mantendo igualmente todos estes servizos para veciños e non veciños. “Continúa o Concello cun forte esforzo nos investimentos a realizar no presente exercicio, produto do compromiso que se ten coa idea de mellorar as infraestruturas e todos os servizos”, concretan fontes municipais. Este ano prodúcese asemade a amortización anticipada do total restante do préstamo concertado dentro do mecanismo de pago a provedores Real Decreto-lei 4/2012, de 24 de febreiro para así reducir a débeda do concello. Neste punto aclaran que se consegue sen aumentar a carga fiscal da veciñanza. Tamén foi aprobado no último pleno o Plan estratéxico de subvencións ( axudas para persoas con risco de exclusión social, fomento da natalidade, axudas a escolaridade, a deportistas e asociacións veciñais...), e despois de máis de 10 anos deuse luz verde a unha modificación do PXOM, a número catro, co obxectivo de corrixir os erros detectados na cartografía empregada, no referido a incorrecta grafía de certos camiños e que repercute directamente nas aliñacións fixadas. C.E.

17 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.