Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro instala outros sete monólitos de información do seu patrimonio

Dodro. A concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro vén de rematar a instalación de sete novos monólitos de información en outros tantos sitios de relevancia patrimonial en Dodro. “Con esta intervención quedan sinalizados os principais bens do patrimonio cultural do concello, igrexas, capelas, construcións civís, cruceiros, hórreos etc. e esperamos seguir no futuro con outros elementos”, explican.

Entre outras zonas foron instalados no Pozo do Conxeiro, O Valo de Manselle, no local da Sociedade de Agricultores, na capela do Santo Ánxo, no camposanto, na casa da cultura, no Pazo de Tarrío, na Figueira de Rosalía, e no Pazo de Lestrove.

Lembrar que a mediados de 2020 presentouse a primeira fase do proxecto de sinalización do patrimonio. Nesta primera parte do plan instaláronse once puntos de información distribuídos entre tres igrexas, Santa María de Dodro, San Xoán de Laíño e San Xián de Laíño; tres capelas, San Amaro de Bexo, San Xosé de Imo e a capela da Virxe do Leite, a Cruz do Abelán, e tres rutas literarias e arqueolóxicas. s.e.

29 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.