Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro solicítalle á Xunta apoio para a reparación
do pavillón polideportivo

DODRO. O Concello de Dodro vén de enviarlle unha solicitude ao secretario xeral para o Deporte, Ramón Lete Lasa, con ánimo de volver recordarlle a petición que xa fixeran nos anos 2020 e 21 con respecto ao pavillón polideportivo municipal. E é que segundo indican dende o goberno local, precisan da colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte para reparar a cuberta de dita instalación que é “fundamental para a práctica deportiva neste concello, pois a parte de ser utilizada para actividades culturais e deportivas do propio concello, tamén é utilizada por entidades deportivas deste municipio e doutros, e asociacións sen ánimo de lucro que traballan con persoas con problemas de saúde mental ou con nenos e nenas”, din. Solicitan que se mostren colaborativos tal e como veñen facendo con Rois, Padrón, Pontecesures ou Valga. c.g.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.