Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dodro vai adquirir unha parcela en Lestrobe

Dodro. A Corporación de Dodro aprobou dúas modificacións de crédito para a adquisición dunha casa en Lestrobe e a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións. O Concello celebrou nesa xordada dous plenos extraordinarios, un a petición de tres concelleiros do PP de Dodro, para “avaliar a situación na que se atopan os Servizos Sociais do Concello” e, noutro punto, pedindo o cese do concelleiro de Asuntos Sociais.

Sobre esta última cuestión, o goberno di que o PP desenvolveu “un relato cargado de incertezas, información confidencial sobre traballadoras de servizos sociais e mesmo acusou ó goberno do desmantelamento do servizo”, e “fixo acusacións baseadas en datos falsos”, explican. O responsable da área Xoán Bautista Mariño, do BNG, foi o encargado de respostar con datos as acusacións. O portavoz do PP abandonou a sesión antes de terminar.

No segundo pleno aprobouse por maioría a modificación de crédito para adquirir unha parcela cunha casa en Lestrobe para facilitar un acceso con vehículos á escola unitaria e a realización dun local municipal, e tratouse a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións para incluír novas subvencións a distintas entidades. c. g.

28 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.