Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Douscentos participantes nos actos do Día da AMTIC

A Maía. A concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación organizou polo Día Mundial da Informática un evento tecnolóxico denominado Día da AMTIC, durante todo o pasado sábado na casa da cultura do Milladoiro e con 200 participantes.

Alí desenvolvéronse diversos talleres de informática abertos a todos os públicos e, por outra banda, houbo unha serie de espazos permanentes onde os asistentes puideron xogar con diversas consolas e crear os seus propios hama beads, entre outras actividades.

Entre os obradoiros, houbo de administración electrónica, que tratou sobre os certificados electrónicos e como usalos, e estivo especialmente enfocado na Sede electrónica do Concello de Ames. Ademais, houbo dous de impresión 3D, para que os participantes aprenderan a usar o programa e puidesen poñer en práctica os coñecementos adquiridos facendo as súas propias impresións. E tamén houbo un taller sobre o programa de sofware libre de edición de imaxes GIMP. Por outra banda, instaláronse diversos espazos permanentes, para un torneo de FIFA e no vestíbulo para a actividade Xogando con Nintendo Switch, sen esquecer actividades de hama beads e creación de espadas láser. E por último, o doutor José Luis Montiel impartiu a charla sobre ludopatías Adiccións e videoxogos. Como evitar que o meu fillo me arruíne. M. Manteiga

13 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.