Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Eliminan un punto negro no Concello de Vedra que afectaba á Vía da Prata

As actuacións estanse a centrar exactamente na N-525 entre Ponte Ulla en Santa Cruz

Vedra. O Concello de Vedra, en colaboración co Ministerio de Fomento, está a realizar durante estes días as actuacións necesarias para eliminar un dos puntos negros que existían nun tramo da estrada N-525 (Santiago- Ourense). Zona esta pola que o Camiño de Santiago atravesa o termo municipal. “Sempre coa intención de mellorar e especialmente neste atípico Ano Santo, onde se prevé un certo aumento da peregrinaxe e moito máis no 2022, chegouse a un acordo co Ministerio de Fomento para poder eliminar este punto negro na estrada N-525 entre as parroquias de Ponte Ulla e Santa Cruz de Ribadulla”, explican fontes municipais.

“Trátase dun evidente avance na seguridade para os transeúntes que aumenta así a tranquilidade neste punto”, sentencia o goberno local.

CAMIÑO Por certo que Vedra é un dos municipios retratados na iniciativa Día del Camino 2021, posta en marcha pola Asociación de Municipios del Camino de Invierno. Nas súas redes, chamadas Camino Jacobeo de Invierno, fixeron unha primeira publicación consistente nunha selección de fotos de peregrinos na súa traxectoria dende Ponferrada a Vedra. A.P.

24 mar 2021 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.