Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Emerxencia social atendeu 1.800 peticións de axuda o ano pasado en Padrón

As mulleres utilizaron máis este programa que intenta sufragar as necesidades
de persoas vulnerables

Padrón. O programa de Emerxencia Social desenvolto dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Padrón incrementou durante o 2020 o número de intervencións realizadas por necesidades derivadas da situación económica e social como consecuencia da pandemia da

COVID. Así, no último exercicio o equipo deste departamento do Concello de Padrón atendeu un total de 1.809 solicitudes de axuda. Do total de usuarios, 1.063 eran mulleres e 737 varóns, e se sumamos os usuarios e usuarias que demandaron en máis dunha ocasión unha intervención por parte dos servizos sociais, a cifra ascende a 2.628 expedientes.

Entre todos estes casos o Programa de Emerxencia Social promovido por esta área atendeu a 565 persoas por motivos relacionados con alimentación, compras de produtos de primeira necesidade ou material sanitario, o abono de subministracións básicas, axudas para o pago do alugueiro e para a escolarización.

A maior parte das intervencións están relacionadas con información,

orientación, valoración e mobilización de recursos, se ben tamén houbo consultas relacionadas cos recursos complementarios para cobertura de necesidades de subsistencia. As persoas maiores foron as que máis demandaron este servizo, cun total de 1.040 solicitudes abertas ao longo do 2020.

Principalmente, as persoas maiores pediron axuda para a solicitude e revisión de pensións non contributivas e para solicitar a tramitación de axudas á dependencia, da que moitos xa son usuarios e usuarias na actualidade. De feito, o 90 por cento das persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar son persoas da terceira idade. As persoas con discapacidade supoñen o segundo grupo que máis demandou a atención deste equipo. O terceiro posto correspóndelle ás familias máis vulnerables. maría rendueles

29 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.