Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En cinco días xa se entregou a terceira parte dos bonos de Ames Progresa

    Ames. Nos cinco primeiros días da campaña de tarxetas bono Ames Progresa repartíronse 220 novas tarxetas de 50 euros e recargáronse 600 bonos de anteriores campañas. Estes datos supoñen que 27.000 dos 75.000 euros investidos polo Concello de Ames nesta iniciativa xa están en circulación, un 36 %.

    A campaña desenvolverase ata o 30 de abril e conta con 219 establecementos adheridos. Para retirar ou recargar bonos, cómpre asistir aos locais das asociacións empresariais amesás, Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Palmira Bulebar e Novo Milladoiro, antes do vindeiro martes 15 de marzo. Cómpre destacar que nesta campaña só se poderá utilizar unha única tarxeta, polo que no caso de contar con dous bonos de edicións anteriores haberá que escoller un.

    As tarxetas poderán retirarse de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 e 19.30 horas. Do valor total da tarxeta de 50 euros, a persoa beneficiaria aportará 30 euros e o Concello de Ames 20, mentres que na de 100 euros, as beneficiarias achegarán 60 e o Concello, 40 euros. Se se cumpren as previsións os fondos suporán un volume de negocio de 187.500 euros para as empresas adheridas. Hai que aclarar que non se devolverá o importe dos bonos unha vez rematada a campaña. c.a.

    09 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.