Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entradas para o programa de artes escénicas á venda

Ames. Xa están á venda as entradas da programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre de 2023.

O programa Ames Cultural inclúe un total de dez actuacións entre as que se encontran oito espectáculos de teatro e dous de danza. O primeiro deles, unha obra de teatro contemporáneo, N.E.V.E.R.M.O.R.E, terá lugar o 20 de xaneiro ás 20.30 horas na casa da cultura de Bertamiráns. Os pases, que gozan de descontos do 50 % para certos colectivos –como maiores de 60 anos, familias numerosas, estudantes, desempregados e mozos– xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames, e as obras veñen subvencionadas pola AGADIC, dentro do convenio da RGTA e o Concello de Ames. Pódese consultar o catálogo ao completo premendo a ligazón que figura na web.

Os tiques para os espectáculos poden retirarse tamén unha hora antes do inicio das representacións nas dúas casas da cultura. M. O.

10 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.