Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entrega de premios no IES de Bertamiráns polo proxecto ‘Abecedáriome’

ames. Os traballos gañadores do 1º Premio no Concurso-exposición Letras 2021 da Xunta de Galicia puidéronse ver durante todo o mes de maio na casa de cultura de Bertamiráns. O título da exposición foi Abecedáriome. Outros carteis, realizados tamén por alumnos e alumnas do instituto, mostráronse nunha exposición urbana chamada Xela Arias, desde nós en ti, nos escaparates de distintos establecementos de Bertamiráns e do Milladoiro. A entrega de premios realizouse no IES de Bertamiráns. Ao acto acudiron o alumnado e o profesorado do centro xunto co alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e a directora do IES, M.ª Soledad Lestón. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, fixeron entrega do galardón. Xunto a eles, participaron o fotógrafo Xulio Gil, en representación da familia Arias Castaño, e a vicepresidenta de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). O secretario xeral de Política Lingüística felicitounos pola proposta “orixinal e moi coidada” que aborda “as diferentes facetas da autora recoñecida este 17 de maio. Os traballos vencedores poden descargarse de balde desde o Portal da Lingua Galega. C.G.

06 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.