Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entrega dun quad a Protección Civil de Ames

Utilizarase para controlar os Camiños de Santiago ao seu paso polo municipio // Tamén mellorará a prestación doutras labores

Ames. A Agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil contará cun vehículo UTV con clasificación T1b, que se usará para vixiar os Camiños de Santiago ao seu paso por Ames. Tamén se empregará para realizar labores de asistencia en diferentes eventos municipais, especialmente no rural, buscar persoas desaparecidas e acudir en incendios forestais, entre outras labores. O concelleiro de Protección Civil, Blas García, destaca que “este novo vehículo é un premio máis para esta Agrupación de Voluntarios e Voluntarias polo seu traballo, xa que anualmente supera os máis de 1.000 operativos”. Ademais, asegura que “con este UTV mellorarase o servizo tanto con control e apoio a eventos, como posibles emerxencias no ámbito rural e urbano”.

PRETO DE 800 ACTUACIÓNS. A presenza da Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil, tanto en actos e eventos municipais e cidadás, como en sucesos imprevistos é notoria desde a súa posta en marcha en Ames no ano 2017. Só desde o 1 de xaneiro deste ano 2020 e ata este mes de novembro , Protección Civil de Ames contabiliza arredor de 800 actuacións.

O colectivo interviu nestes meses en 74 accidentes de estrada, recolleu 70 animais soltos, prestou 2 asistencias sanitarias, actuou en 29 incidencias de circulación, fixo 196 operativos, atendeu 11 verteduras, estivo presente en 5 salvamentos de rescate, foi requirida nunha ocasión por forzas de seguridade e noutra para ofrecer información xeral e contabiliza 397 partes doutras incidencias, tais como incendios urbanos e forestais, vixilancia dos camiños de Santiago ao seu paso por Ames e apoio en labores derivadas da crise do coronavirus.

20 nov 2020 / 14:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.