Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entroido e música na vila de Negreira o 17, 18 e 20

A Barcala. Volve o Entroido a Negreira, onde o Concello organizará tres xornadas cheas de música, bo humor, desfiles e certames de disfraces.

Así, o venres 17 incluirase a gran filloeira de Lestedo, a máquina construída por Orlando Vázquez que fai 1.200 filloas por hora. Estará na praza do Concello de 17.00 a 22.00 horas. Pola tarde haberá inchables e xogos para os nenos e, pola noite a partir das 23.00 horas, vai actuar a Orquestra Olympus e tamén o Dj Marcos Magán.

Xa para o sábado 18, a xornada grande da celebración, chegará o tradicional desfile de carrozas e comparsas, coa concentración as 16.00 horas no campo da feira, para arrincar sesenta minutos máis tarde pola Carreira de San Mauro. No que atinxe aos premios, haberá modalidade de carrozas na que os galardóns ascenderán a 1.000, 500, 200 e 100 euros para as catro mellores. Pero tamén de comparsas, con idéntica cuantía, e parellas (100, 80 e 50 euros), sen esquencer o galardón aos tres grupos máis destacados, que recibirán 200, 150 e 100 euros. Para rematar, vaise entregar o recoñecemento á mellor copla, o certame Juan Varela Areoso, de 60 euros.

Ese día, ás 20.30 h. terá lugar a entrega de premios e a actuación do grupo Claxxon na praza do Concello. E, finalmente, o luns 20 terá lugar a festa infantil de Entroido, con talleres, inchables e sorteos entre a rapazada que acuda disfrazada á praza do Concello, ás 17.30 horas. M. Outeiro

17 ene 2023 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.