Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen novas frecuencias e tres paradas en Ortoño do bus de Extramundi

Mobilidade continúa a estudar este desvío mentras o Concello lle paga o bus a Santiago

Ames. O rexedor amesán, edís e representantes veciñais de Biduído, Ortoño e Bugallido acaban de se reunir co director xeral de Mobilidade, quen avanzou que xa se está a estudar a modificación da a ruta correspondente á liña XG80722 de Extramundi a Santiago, con paradas en Eirapedriña-Guimaráns-Framil e Costoia. Ademais, inclúe servizo ata o Hospital Clínico da Choupana, Campus, O Horreo e estación de buses.

Pola súa banda, dende o Concello comprométense a asumir os gastos da liña P2 de Santiago –antigo bus de Ortoño– de xeito temporal, cun máximo de seis meses, mentres duren ditos estudos.

A modificación que defenden os usuarios e a administración local supón un incremento de 3,3 km sobre a ruta actual e permitiría dar cobertura á veciñanza dunha urbanización de máis de 400 vivendas e un centro educativo, así como á parroquia de Ortoño cunha poboación de máis de 1.400 habitantes e numerosas aldeas de elevada densidade poboacional, como son Ortoniño, Punxeiras, Lapido ou Tarroeira, e que na actualidade só contan cunha frecuencia de transporte a Santiago pola mañá (10.40 h.) e outra de volta (18.00 h.).

O desvío da liña por Ortoño tería tres novas paradas en Agro do Muíño, Ortoño (Igrexa) e Ortoniño. No restante do traxecto actual será necesario incrementar novas paradas para dar cobertura ás zonas da parroquia de Bugallido –a de Outeiro e Quistiláns que non conlevan desvíos–, e refórzanse as frecuencias ó mediodía e á noite. m. manteiga

16 abr 2021 / 17:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.