Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Estudan a poesía oral improvisada no IES de Milladoiro co Erasmus+

AMES. O IES do Milladoiro e o IES Marco de Camballón de Vila de Cruces están a participar nun programa Erasmus+K1, baixo o título Europa de repente. Neste programa europeo, no que están involucrados estes dous centros de ensino, participan tamén centros da Madeira (Portugal) e de Florencia (Italia). A coordinación lévase a cabo desde o CFR da Coruña. Do 27 ao 30 de setembro de 2022, desenvolveuse a segunda mobilidade do programa, na que se observou “in situ” o panorama actual da improvisación oral na Toscana. Realizáronse entrevistas con improvisadores vinculados á asociación Lottava Rima, cun centro de ensino da Toscana (Cutigliano) e no Centro Studi Beatrice di Pian degli Ontani (improvisadora e poeta do século XIX) da mesma localidade. Ao igual que se fixo na primeira viaxe do mes de xaneiro á illa da Madeira, por parte dos catro docentes destes dous centros e do coordinador do CFR, nesta viaxe realizáronse tamén numerosas entrevistas e gravacións a persoas implicadas neste tema (músicos, investigadores, profesorado, improvisadores...) para coñecer a improvisación tradicional nesta zona (ottava rima). Ademais o profesorado galego participou en dous encontros ao vivo de poesía oral improvisada. c.e.

07 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.