Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Excarcelan a un dos feridos nunha saída de vía en Negreira

Os equipos de intervención tiveron que excarcerar a unha persoa ferida na madrugada deste domingo, do interior do vehículo no que circulaba e co que sufriu un accidente á altura de Ponte Insua, no Concello de Negreira. Ademais, os medios axudaron a saír do automóbil a outro ocupante que non estaba atrapado.

Foi pouco despois das 04.30 horas cando un particular púxose en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para as persoas implicadas nunha saída de vía, na estrada DP-1302. Na comunicación, afirmaba que a colisión se producira na estrada de Negreira cara Urdilde, á altura da Ponte Insua.

De inmediato, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión e aos membros de Protección Civil do municipio.

Pouco despois, e logo de actuar no lugar, os Bombeiros comunicáronlle ao 112 que dúas persoas resultaron feridas no accidente. Así, foi preciso que excarcerasen ao condutor do turismo, que estaba atrapado dentro do mesmo, e tamén lle prestaron axuda a outra persoa, con lesións nun brazo, para saír da parte traseira do automóbil. Unha terceira ocupante resultou ilesa.

27 jun 2021 / 09:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.