Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Éxito da primeira andaina saudable con cen veciños no Xiro dos Montes

A Maía. A pasada fin de semana tivo lugar a primeira das saídas que a concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde organiza baixo o seu programa de Andainas Saudables, que volven neste 2022 con seis rutas repartidas ao longo deste primeiro semestre. Foron cen persoas as que gozaron da terceira e a cuarta etapa do Xiro dos Montes, nunha xornada solleira.

Os participantes percorreron case nove quilómetros, pasando polo Monte de Deus, o Pedroso e o de Vidán. O programa de Andainas Saudables comezou o pasado mes de setembro, con catro rutas repartidas mensualmente ata decembro mantendo a mesma dinámica de grupo familiar que en edicións anteriores, nun día de natureza, regatos, costas e baixadas, “unha paisaxe marabillosa e unha compañía inmellorable”, segundo a concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luisa Feijóo.

A xornada comezou dende o Monte de Deus, coa terceira etapa do Xiro dos Montes, duns 5,31 quilómetros. Dende o monte, as persoas participantes baixaron cara ao río Sarela, para despois continuar ata a aldea de Montes percorrendo a ladeira do Monte Pedroso. A ruta continuou dirección Granxa do Xesto, un espazo con parque infantil no que se fixo unha breve parada para preparar o ascenso ao cumio do Pedroso. Dende alí, a veciñanza puido gozar das vistas a máis de vinte e cinco quilómetros á redonda dende o miradoiro do Monte Pedroso, grazas aos ceos despexados. M.M.

27 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.