Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha persoa evacuada por inhalación de fume a causa dun incendio e explosión nunha vivenda en Bertamiráns

Un incendio nunha vivenda na Avenida da Mahía, en Bertamiráns, no concello coruñés de Ames, obrigou a intervir aos servizos de emerxencia a noite deste sábado. De acordo coa información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, unha persoa tivo que ser trasladada polos profesionais sanitarios ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Tras a extinción do lume, os Bombeiros de Boiro informaron que o incidente foi provocado por un menor que, aparentemente, perdeu o control da situación cando xogaba con material inflamable. Así, as lapas alcanzaron parte do mobiliario e a explosión produciuse por culpa dunha combustión motivada pola entrada de osíxeno a través dunha das ventás da vivenda.

Todo comezou poucos minutos antes das dez da noite deste sábado, cando diversas alertas simultáneas foron recibidas polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Foron varios os veciños da zona que relataban ter escoitado unha explosión nun edificio á altura do número 79. De contado, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Brión e dos efectivos de Protección Civil de Ames. Igualmente, informouse á empresa subministradora de gas.

Nada máis chegar ao lugar, os servizos de emerxencia trataron de garantir a seguridade dos ocupantes do edificio e comprobaron que os tres habitantes da vivenda afectada –un adulto e dous menores- puideron saír do seu interior e atopábanse ben. Ademais, aseguraron que o piso onde o incendio foi declarado foi o único que resultou afectado. Aínda así, os servizos sanitarios confirmaron o traslado dunha persoa con síntomas de intoxicación por inhalación de fume ao Hospital Clínico. Cómpre sinalar que os axentes da Garda Civil e da Policía Local tamén fixeron parte do operativo.

24 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.