Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Fálame’ con Cé Orquestra, Pakolas e Brais das Hortas

Ames. A concellaría de Normalización Lingüística desenvolveu durante o curso 2021-2022 o programa Fálame, a través do cal se lles facilitou a todos os centros de Infantil e Primaria unha proposta de actuacións posibles para escoller segundo as súas características. E, en total, conseguiron programarse as cinco actuacións que eles decidiron nas datas e nos espazos que mellor se axeitaron coa súa propia programación educativa. A primeira delas chegou o 11 de maio, e Cé Orquestra Pantasma fixo cantar e bailar a maioría do alumnado do CEIP Agro do Muíño e da escola unitaria de Ortoño. Xa o 16 de maio foi a quenda para a rapazada do CEIP de Barouta e da escola unitaria de Covas con Brais das Hortas. Posteriormente, o 25 de maio todos os nenos da EEI do Milladoiro fixeron tremer o patio con Cé Orquestra Pantasma, mentras que o 31 de maio Pakolas fixo rockear ao CEP de Ventín, e o CEIP da Maía escolleu a Cé Orquestra Pantasma. C.G.

04 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.