Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Mercedes Moreira

... “Faría vivendas sociais para a mocidade”

Mercedes Moreira, limpadora

    Cargando reproductor ...

Veciña do Milladoiro, casada e con fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Por unha banda, ao meu parecer, gustaríame que houbese como unha alameda para que a xente maior poida pasear e un parque grande, porque aquí todos son moi reducidos e hai moitos nenos. Estaría ben unha zona verde ampla. Por outra, faría vivendas sociais para a mocidade porque non chegan, e o alquiler está moi caro. Construír favorecería moito o traballo, polas obras que acarrea, e as novas vivendas, á xente nova, que agora non pode pagar un alquiler, e polo tanto, emanciparse.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que é un sitio pequeno, no que máis ou menos nos coñecemos todos. Tamén destaco a proximidade con Santiago, pois faise moita vida alí, sobre todo, á hora de facer as compras porque aquí non hai moito comercio, a verdade. Eu ademais son santiaguesa e chámame a cidade.

E o que peor leva?

Non lle encontro pegas a vivir aquí. É unha zona segura e moi tranquila.

01 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.